martes, 2 de octubre de 2012

Documentación para o debate

Se alguén necesita documentarse sobre as promesas incumpridas e a cara B da xestión de Feijóo, aquí ten unha mina:







O meu comentario: Neste mundo en xeral, e no do xornalismo en particular, hai que manter sempre vivo o espírito crítico. Nin hai que crer todo o que nos contan (nin sequera a metade da metade), nin podemos conformarnos cunha soa versión. Cómpre ter unha prevención especial cando entramos no terreo de xogo da política, unha actividade na que se parte do principio de que os rivais fan todo mal, e os propios sempre todo ben. Un auténtico insulto á intelixencia. Ás veces non é doado atopar discursos alternativos independentes e intelectualmente honrados, polo que hai que picotar aquí e alá para formarse unha idea contrastada dunha realidade. Esa é a intención coa que deixo o enlace de www.feijoo2012.com/, no que podemos atopar unha visión distinta da xestión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP. Por suposto, non está aí toda a verdade, pero é moi sano botarlle unha ollada e reflexionar sobre o contido. É unha proposta que fago sen ningún tipo de connotación política, penso que útil tanto para os que teñan que empregar argumentos críticos co Partido Popular no debate de Documentación Informativa, como para quen teña que defender esa opción, pois así saberá onde están os seus flancos febles.

E por que só poño unha web contra Feijóo?

Primeiro: Porque é nova

Segundo: Porque está moi traballada. É, evidentemente, labor de auténtic@s profesionais

Terceiro: Porque representa un xeito de facer contra-campaña cuasi inédito polas nosas latitudes. Nos Estados Unidos son moi frecuentes estes golpes de man contra candidatos ou candidaturas rivais, pero por aquí os exemplos aínda son moi escasos.


Que sexa de proveito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentar es gratis: