viernes, 28 de septiembre de 2012

Análise da marcha 'Rodear o Congreso'


Análise da marcha/s Rodear o Congreso
(puntos de vista con documentación para incorporar aos blogs)


¿Qué pasou en Madrid o 25/09/12?

O feito máis relevante desde o punto de vista informativos foi a concentración dun número indeterminado pero elevado de cidadáns nos arredores do Congreso para reclamar un cambio de rumbo na política. 
 
A noticia nas versións de mañá, tarde e noite na web de 'El Mundo'


¿Qué papel xogou a policía?

Hai versións e opinións, pero hai unha maioría crítica coa intervención policial. Segundo as testemuñas, e mesmo segundo o que se puido ver nas imaxes de televisión, houbo un exceso de violencia para reprimir unha protesta que rematou con cargas, 64 feridos e 35 detidos, cifras nas que coinciden as fontes oficiais cos voceiros das organizacións convocantes.

Dúas visións:


¿Qué papel xogaron os manifestantes?

Circulan tamén versións e opinións. Había miles de persoas dispostas a exercer pacificamente o seu dereito de manifestación. Non se pode pechar os ollos e dicir que eran todos os presentes. ¿Que había tamén grupos minoritarios dispostos a provocar á Policía? Si, seguro que si. Pero a misión de unha Policía democrática e profesional sería actuar contra os integrantes deses grupos se hai motivo, e no cargar indiscriminadamente, que é o que se fixo. A propia intervención policial disparou a indignación e provocou reaccións violentas, mesmo de carácter defensivo.


¿Cantos diputados asistían ao pleno?

As forzas parlamentarias quixeron dar imaxe de normalidade e celebraron o pleno segundo estaba previsto, pero a asistencia de deputados e deputadas foi moi escasa: 50 presentes nunha cámara formada por un total de 350 parlamentarios  ( http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/actualidad/1348602065_617703.html ).


Qué pasou no pleno do Congreso?

Malia a imaxe de normalidade que pretenderon ofrecer, a concentración conseguíu meter o medo no corpo aos deputados que asistiron á sesión, temerosos de non poder saír ou -mesmo- de sufrir algún tipo de apupo ou agresión. Os voceiros da oposición parlamentaria aproveitaron o balbordo que se escoitaba da rúa para botarlle en cara ao Goberno a súa política e os seus recortes: http://www.diariovasco.com/rc/20121002/mas-actualidad/nacional/juez-revisa-diario-congreso-201210021844.html


Por qué foi a concentración?

A explicación amable podería ser a de denunciar o 'secuestro' da democracia e facer ver ao Goberno que é o momento de marchar. A xustificación dos convocantes é bastante máis contundente. Nas súas propias palabras (http://plataformaenpie.wordpress.com/25s/):
Bajo el nombre “Ocupa el Congreso”, entendiéndolo como la ocupación simbólica del espacio de decisión sobre nuestro presente y nuestro futuro, convocamos a la ciudadanía de toda España el día 25 de Septiembre de 2012 a manifestarse rodeando el Congreso de forma indefinida hasta conseguir la dimisión del gobierno actual, la disolución de las Cortes y de la Jefatura del Estado y la apertura de un proceso de transición hacia un nuevo modelo de organización política, social y económica, haciendo de éste, el llamamiento de unión de todas las luchas por una sociedad más justa y democrática”.
Case nada.


Quen chamou á concentración?
 
Os medios de comunicación tenden a simplificar para facer máis doada a explicación e a comprensión, pero ás veces o que se consegue é caricaturizar a realidade. Temos un exemplo na identificación de quen estivo detrás da concentración do 25 de setembro. A versión 'light' podemos atopala no xornal 'Público', que sinala (http://www.publico.es/espana/442849/todo-listo-para-rodear-el-congreso-el-25-s-pese-a-la-estrategia-del-miedo-del-gobierno) que a protesta estivo promovida pola coordinadora do 25-S, na que confluiron o 15-M e a plataforma ¡En Pie!, con integrantes máis próximos a partidos de esquerda como IU ou organizacións sindicais como o SAT de Sánchez Gordillo. Vese pluralidade e podemos conformarnos coa descripción, pero a realidade é moito máis complexa. É bastante máis certera -e complicada- esta outra explicación do xornal 'El País' (http://politica.elpais.com/politica/2012/09/26/actualidad/1348688005_010502.html):
El origen de la plataforma que llamó a rodear el martes el Congreso y logró mobilizar a miles de personas poco tiene que ver con la amalgama de colectivos que apoyan hoy la organización, y con todos los que acudieron a manifestarse en la plaza de Neptuno. Tres mujeres, tres madres que se conocieron en el 15-M aseguran que idearon una noche de junio conversando por chat la acción que acabó con 64 heridos y 35 detenidos. “Lo de ocupar [Ocupa el Congreso es el nombre de la iniciativa] era en sentido figurado, nunca quisimos tomar o secuestrar el Parlamento”, asegura Rosana, de 43 años, una de ellas. “Queríamos ir un paso más allá del 15-M”, relata. Ese mes crearon un evento en Facebook. “Al día siguiente teníamos 10.000 adhesiones”. Después formaron la Plataforma ¡En Pie! en la que ahora hay unas 40 personas, entre las que están también conocidos activistas antidesahucios como Chema Ruiz, de la Plataforma de Afectados por la Hipoteca. La Coordinadora 25-S, en esencia 15-M, llegó después para redefinir y suavizar la acción. Y un mosaico de asociaciones de extrema izquierda se unieron: el 25-S es así un batiburrillo casi imposible de etiquetar.”
Para ter unha idea do que hai detrás da convocatoria, é imprescindible ir ás fontes orixinais: http://plataformaenpie.wordpress.com/adhesiones/


Onde vistedes as noticias?

Eu son consumidor voraz de información. Fixen un seguemento en directo da concentración pola web de 'El País', que ofrecía sinal de televisión servida pola axencia Live!, ademais de recoller comentarios polo Twitter. Mirei tamén o informativo da tarde de 'la Sexta', o seu contraste no informativo de 'La 1' de TVE e na canle '24 horas', escoitei as noticias de a SER, consultei os despachos das axencias EFE e Europa Press, e ao día seguinte cotexei a mesma información en distintos medios ('La Voz de Galicia', 'Faro de Vigo' 'El Correo Gallego', 'El País', 'El Mundo', 'ABC', 'La Vanguardia', 'Público' (dixital)..... que me lembre. 

 
Cómo valorades esa información recibida?

Penso que a pluralidade de voces, versións e opinións é a única vía para ter unha información completa e contrastada. Neste, e noutros casos. Iso só pode conseguirse mirando/escoitando/lendo medios de distinta orientación. A iniciativa de rodear o Congreso tivo unha cobertura moi ampla, e penso que a información foi moi aceptable (partindo sempre da base da necesidade de pluralidade nos puntos de vista).


Qué lle faltaba a esa información?

Se hai que poñer algunha chata, eu botei en falta boas crónicas de ambiente, de xornalistas que se infiltraran (por dicilo dalgún xeito) entre as persoas que participaban na protesta e describira ben o que pasou. Sen paixóns, sen tomar partido por uns e outros. Isto axudaría a ter unha visión máis completa. Chamoume a atención o perfectamente identificados que ían os fotógrafos e camarógrafos de TV, con petos que podería ver un cego. Nas imaxes da televisión podía distinguirse tamén o grupo de xornalistas. Eu creo que hai que abandonar os miradoiros e mesmo a renunciar á seguridade que dá a Policía, malia todo o visto, e ver as cousas desde o punto de vista dos protagonistas: os manifestantes.


Qué consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?

Eu creo que esta cuestión se pode resumir dun xeito moi telegráfico: foi un termómetro que mostrou a temperatura da irritación da cidadanía contra o Goberno.


¿Qué outras preguntas habería que facerse?

-De quen partiron exactamente as ordes de intervención da Policía? Que ordes tiñan os axentes antidisturbios?

-Se os límites da violencia do Estado están ben marcados, ou hai cancha libre para aporrear e maltratar xente. 
 
-Que merma sufriu a imaxe da Policía con actuacións nalgúns casos desmedidas.
-Se quen manda na Policía (e hai que mirar a cargos políticos) se gaba hoxe de afogar os anceios reivindicativos da xente. 
 
-Se o 25-S marcou o comezo do camiño de protestas cada vez máis iracundas que están a seguir en Grecia. Por certo, con escasos resultados.

-Se a clase política é invulnerable ás demandas dos cidadáns que din representar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentar es gratis: