viernes, 19 de octubre de 2012

Introdución á Documentación Informativa



RESUMO

A documentación informativa é unha  ferramenta clave tanto no proceso de elaboración de noticias como no día a día das empresas de comunicación. A súa importancia multiplícase conforme se multiplica tamén o caudal de información que circula no mundo, con taxas de crecemento exponenciais da man da eclosión da internet. Os principios, características e función desa rama de coñecemento son obxecto dunha investigación na que se conclúe que a relación entre xornalista e documentalista debe ser cada vez máis estreita.

PALABRAS CLAVE

Documentación , Xornalismo, Información,  Ciberxornalismo

ABSTRACT

Informative documentation is a key tool in the news elaboration proccess and everyday in the media. Its importance is multiplied as the flow of information circulating around the world does so, with exponential growth rates with the internet birth. The principles, characteristics and function of this branch of knowledge are object of investigation from which it is concluded that the relationship between journalist and documentalist is and should be closer.

KEYWORDS

Documentation, Journalism, Information, Digital journalism







INTRODUCCIÓN

A información é un importante recurso e a materia prima base do xornalismo, e como tal debe ser obtida, transformada e distribuída. No pasado puidera darse a figura do xornalista autosuficiente, que por desenvolver o seu labor nun marco temático e territorial reducido sería quen de producir noticias sen  contar apenas con referencias externas. Pero iso pertence a un mundo que xa non existe. A profesión require hoxe procesar cantidades inxentes de información é xa non é válido o recurso de apelar á memoria ou aos  datos contidos nunha enciclopedia. De aí xorde a necesidade da documentación informativa. O concepto en si mesmo, as funcións e características son o  obxecto do presente traballo.

CONCEPTO

Existen numerosas definicións que sintetizan o significado do concepto 'documentación', sen que exista consenso entre os investigadores e os profesionais sobre unha que se poda considerar máis completa ou correcta. A efectos do presente traballo se vai acotar o termo á formulación de Elea Giménez Toledo(2007, 15) por resultar especialmente concisa e omnicomprensiva: é unha disciplina científica que trata de recopilar, almacenar, analizar e difundir información contida en distintos tipos de documentos, co obxectivo de que sexa accesible a calquera que poda necesitala.

Se completamos e acotamos o concepto inicial de 'documentación' ao eido concreto da documentación informativa se pode aplicar outro enunciado, desta vez do profesor López Yepes (1981): “aquela parte da documentación que ten por obxecto o estudo do proceso de transmisión de fontes para a obtención de novos coñecementos na investigación da comunicación social, e no traballo no seo da empresa informativa”.

PRINCIPIOS

A partir das definicións anteriores, podemos sentar uns principios que poden ser universalmente aceptados:

-É unha disciplina científica porque dispón dunha metodoloxía propia, técnicas sistematizadas e desenvolvemento no eido investigador.

-Transcende do mundo teórico, pois ten aplicacións prácticas sobre a información contida en todo tipo de soportes documentais.

-Dá lugar á organización de centros de documentación dentro das empresas informativas, nas que os documentalistas manexan fontes de información temática que serven para a producción de noticias.

CARACTERÍSTICAS DA INFORMACIÓN NA ACTUALIDADE

A revolución tecnolóxica das últimas décadas supuxo un cambio radical de todos os procesos productivos nos medios de comunicación, e posteriormente transformou un mundo que parecía inamovible: o tráfico de información deixou de ser patrimonio exclusivo do tecido mediático e pasou a ser un universo aberto a calquera persoa cun ordenador. O cambio é tan profundo que ameaza a supervivencia da prensa máis tradicional. 

Con todo, hai moitos aspectos positivos para confrontar cos negativos. Hoxe é posible elaborar e transmitir información con maior rapidez e con maior calidade ca nunca. Esa información pode ser actualizada e ampliada continuamente.  Hai unha explosión de novos medios que aproveitan as posibilidades do dixital. A prensa escrita, a radio e a televisión romperon os moldes que os encorsetaban e multiplicaron as posibilidades de informar. Ao tempo, romperon as barreiras físicas dos mercados nos que estaban presentes e acadaron presenza universal, polo menos potencialmente. Xurdiu, ademais, un novo xeito de informar da man do ciberxornalismo, que permite facer o mesmo papel que os medios tradicionais pero a un custe notablemente inferior. Polo tanto, non so hai que ver o novo panorama con pesimismo.

A revolución tecnolóxica favoreceu -esta vez si nidiamente- ao ámbito da documentación. Nunca foi tan sinxelo acceder a un volumen tan elevado de datos como na actualidade, aínda que a inxente cantidade de documentos aos que se pode acceder é posiblemente o maior  problema co que nos atopamos: ás veces é difícil entre a información útil, a actualizada e a solvente daquela que non o é. Isto abre novos campos de traballo no campo da documentación.

FUNCIÓNS

Tendo en conta todo o anterior, podemos concretar as funcións do documentalista/centro de documentación nos seguintes epígrafes:

-Localizar  información tanto propia como a dispoñible en fontes externas.

-Organizar e conservar con sistemática científica todo o material que se xulgue de interese en función do campo de traballo no que se mova.

-Identificar necesidades futuras para ter cubertas cando se presenten.

-Coa imparable proceso de expansión das novas tecnoloxías da información abríuse un campo de traballo inmenso no eido da documentación. O papel do documentalista adquire un maior relieve como creador de contidos. O ciberxornalismo dá auténtica proxección aos recursos de documentación: entramos no territorio do hipertexto e agora ampliar contidos, contextualizalos, ofrecer antecedentes, expoñer casos similares…. está ao alcance dun clic, e cun uso solvente da Documentación Informativa é como se poderá crear valor engadido para unha información, e por ende a un informador e a un medio de comunicación.

FINALIDADE

O bo manexo das fontes de documentación representa un valor engadido para os profesionais da información. Un uso eficiente dos recursos permite conseguir  os mellores datos co menor investimento de tempo. E para que? Os beneficios son patentes:

-Verificación de datos para evitar erros.

-Obter antecedentes dun feito noticioso.

-Contar anticipadamente con material para preparar e orientar unha información .

-Contextualizar e relacionar casos.

-Localización de fontes.

-Acceso a información especializada para dar profundidade a un traballo.

-Conservar ben sistematizada a documentación que se considere valiosa.

O xornalista cumple moitas veces na actualidade funcións de documentalista, aínda que o profesional da documentación continúa a ser insustituible, como se pode comprobar nas empresas de comunicación (agás nas de moi pequeña dimensión). Para as canles de televisión e de radio o traballo dos documentalistas é absolutamente indispensable, e é unha peza clave para crear información como se demostra no caso da documentalista e xornalista Ángeles Afuera, Premio Antena de Oro 2012.

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN NUN MEDIO: 
FUNCIÓNS CARACTERÍSTICAS E FINS

Os medios de comunicación son ao mesmo tempo productores e receptores de información, polo que os seus centros, servizos ou equipos de documentación teñen un labor dobre: por unha parte a xestión e creación dun arquivo do material propio (no soporte que sexa), e por outra a selección, sistematización e salvagarda de todo o que chega de fóra (en soportes tamén diversos). A finalidade básica é a de ser gardián e memoria do medio e facilitar o uso e explotación de todo o material documental, tanto por parte dos profesionais do mesmo, como -cada vez máis- por usuarios externos. Pensemos neste sentido no habitual que é a consulta ás hemerotecas que os xornais poñen a disposición dos lectores coas edicións dixitais, un servizo do que mesmo que pode obter rendabilidade económica. Un caso paradigmático é o do diario 'La Vanguardia'.

Para que un centro de documentación sexa realmente útil nun medio debe reunir os seguintes requisitos:

-Ter criterios de traballo adaptados ás necesidades do medio.  Iso require unha implicación activa nas rutinas de producción.

-Capacidade de identificación das necesidades de información mesmo antes de que xurda a demanda. Evidentemente, a segunda parte da identificación é a posta en práctica das medidas que permitan cubrir as lagoas detectadas.

-Axilidade na resposta cando se demande documentación. Dado o ritmo de traballo dos medios, é un requisito imprescindible para que sexa de verdade útil e rendible.

-Adaptación constante ás novas tecnoloxías. Xa se ten comentado anteriormente que a innovación é unha constante nos procesos produtivos dos medios de comunicación, e os centros de documentación teñen que levar o paso acompasado. Temos un exemplo desa necesidade nas empresas informativas do mundo televisivo. En moi poucos anos incorporaron e desbotaron equipos de gravación e edición en varios formatos de vídeo, xubilados por obsolescencia moito antes de esgotar a súa teórica vida útil.

MAPA CONCEPTUAL




jueves, 11 de octubre de 2012

Premio a una periodista y documentalista


La periodista Ángeles Afuera, directora del departamento de Documentación de la Cadena SER, ha sido premiada con una Antena de Oro; es un galardón otorgado por la Federación de Asociaciones de Radio y Televisión de España para distinguir a los profesionales más destacados en el campo de la industria audiovisual.

Ángeles Afuera lleva toda una vida vinculada a la radio. Incorporada a los servicios informativos de la Cadena SER en 1977 tras licenciarse en Ciencias de la Información, creó en 1989 el departamento de documentación de la emisora. A lo largo de sus más de veinte años de existencia el citado departamento ha recuperado todo el patrimonio histórico de la Sociedad Española de Radiodifusión, que se ha convertido en un referente de la documentación digital en medios de comunicación. En 2009 fue nombrada responsable de la Documentación Corporativa de PRISA Radio. Ángeles Afuera es -además- una de las voces más conocidas de la SER y colabora en los principales programas de la cadena. 

Habla Ángeles Afuera

 Horas después de conocerse la concesión del premio, Ángeles Afuera fue entrevistada en el programa 'Hoy por Hoy' (jueves 11/10/2012) .  Merece la pena dedicarle unos minutos. La entrevista es muy interesante y quedó muy amena.
 
Más premiados

Las Antenas de Oro han reconocido también este año la labor de Ascensión Marín, por su programa 'Abriendo boca' de Radio Inter, así como la de Manuel Ventero, director de Radio Nacional de España.

Asímismo han sido galardonados Anne Igartiburu (TVE), Marta Fernández (Cuatro), Manuel Fuentes (Antena 3), Nuria Roca (La Sexta), Ramón Fuentes (Tele 5), Javi Nieves (COPE) y Jaume Sagalés (ABC Punto Radio). En el ámbito de la política han resultado premiados el alcalde de Toledo, Emiliano García Page, y el ministro de Educación y Cultura, José Ignacio Wert. Una Antena Extraordinaria le ha sido otorgado a Irene Villa, un ejemplo de dignidad frente al terrorismo. Xabier Horcajo, director del programa 'Más se perdió en Cuba' de Intereconomía Televisión y 'Las aventuras de Tadeo Jones', como película española revelación, también  recibirán el premio.

La entrega de las distinciones está fijada para el sábado 27 de octubre, en una gala que tendrá lugar en el Gran Casino de Aranjuez.

miércoles, 10 de octubre de 2012

Literatura, traducción y documentación en el medio hipertextual



La sensación que me deja la lectura de este artículo es de triunfo. Es la crónica de una conquista largamente perseguida por el hombre (primera referencia histórica: 1598), y la demostración de que la realidad puede superar a los pronósticos más optimistas e imaginativos. Resulta muy enternecedor conocer los esfuerzos de los prototecnólogos que con distintas motivaciones (artísticas, prácticas, por afán de investigación) entraron en el territorio del hipertexto, bien es cierto que sin conseguir resultados valiosos por carecer de herramientas necesarias.  Y un buen día llegaron los ordenadores. El caminar a ritmo lento y los pasos vacilantes por callejones sin salida se convirtieron en el espacio de muy poco tiempo en una carrera desbocada en la que al llegar a una meta descubrimos nuevos retos e infinitos caminos para continuar el avance. No podemos siquiera divisar los límites, como ya sugería Carlos Moreno Hernández en 1997. Hoy, 15 años después, la palabra biblioteca tiene otros significado, al libro analógico le nació un hermano digital que amenaza con asfixiar al negocio editorial clásico, los periódicos en papel están tocados de muerte......y cambió la forma de trabajar de los periodistas, de los publicistas, de los investigadores, de los estudiantes, como cambiaron los hábitos de lectura, de uso del tiempo libre, de acceso a la cultura... y el hipertexto se ha hecho un hueco en nuestras vidas. Su omnipresencia es ya rutina. Cada hipertexto es una puerta que se abre para el conocimiento, para la mejor comprensión, para la documentación, para la diversión.... los hipervínculos nos dan la llave para abrir esas puertas, unas herramientas simples pero al tiempo poderosas, aunque yo estoy convencido de que lo que tenemos hoy en día es un pálido reflejo de la capacidad que demostrará en un plazo breve de tiempo. ¿Por qué un hipervínculo me ha de llevar al lugar  decidido por el periodista que elaboró una información? Si consulto esa información pasados tres meses ¿no hay nada mejor que ofrecer que el hipertexto asociado 90 días atrás a ese texto?. Creo que los hipertextos de un próximo futuro tendrán que evolucionar para ser más útiles, quizá asociados a sistemas de inteligencia artificial para ofrecer en cada momento la mejor y más actualizada información o documentación de la que se disponga. Si el lector quiere claro. Y por si quiere, los periodistas hemos de prepararnos para atender esa demanda en la parte que nos corresponde.

lunes, 8 de octubre de 2012

Historia de la sociedad de la información




Vaya. Nos creemos que hemos inventado lo de mundialización/globalización o que somos pioneros con la red, y resulta que nuestros bisabuelos ya manejaban esos conceptos que creíamos tan nuestros.  Está claro que los avances de la humanidad llegan  más por evolución que por la vía de la revolución. Incluso eso que denominamos revolución no es más que una evolución más o menos brusca.

Muy curioso lo de las fichas normalizadas. No tenía ni idea de su origen, la verdad. Hoy son ya piezas de museo, claro, pero reinaron durante más de cien años en las bibliotecas y centros de documentación o investigación.

martes, 2 de octubre de 2012

Documentación para o debate

Se alguén necesita documentarse sobre as promesas incumpridas e a cara B da xestión de Feijóo, aquí ten unha mina:







O meu comentario: Neste mundo en xeral, e no do xornalismo en particular, hai que manter sempre vivo o espírito crítico. Nin hai que crer todo o que nos contan (nin sequera a metade da metade), nin podemos conformarnos cunha soa versión. Cómpre ter unha prevención especial cando entramos no terreo de xogo da política, unha actividade na que se parte do principio de que os rivais fan todo mal, e os propios sempre todo ben. Un auténtico insulto á intelixencia. Ás veces non é doado atopar discursos alternativos independentes e intelectualmente honrados, polo que hai que picotar aquí e alá para formarse unha idea contrastada dunha realidade. Esa é a intención coa que deixo o enlace de www.feijoo2012.com/, no que podemos atopar unha visión distinta da xestión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP. Por suposto, non está aí toda a verdade, pero é moi sano botarlle unha ollada e reflexionar sobre o contido. É unha proposta que fago sen ningún tipo de connotación política, penso que útil tanto para os que teñan que empregar argumentos críticos co Partido Popular no debate de Documentación Informativa, como para quen teña que defender esa opción, pois así saberá onde están os seus flancos febles.

E por que só poño unha web contra Feijóo?

Primeiro: Porque é nova

Segundo: Porque está moi traballada. É, evidentemente, labor de auténtic@s profesionais

Terceiro: Porque representa un xeito de facer contra-campaña cuasi inédito polas nosas latitudes. Nos Estados Unidos son moi frecuentes estes golpes de man contra candidatos ou candidaturas rivais, pero por aquí os exemplos aínda son moi escasos.


Que sexa de proveito.