Rápido, cal é outra palabra para tesauro?.... é unha desas preguntas que deixan descolocado. Aínda que saibas o que é un tesauro (ou penses que o sabes), non é doado repentizar un sinónimo dunha soa palabra. Quizais catálogo? Podería ser, pero hai que recoñecelo: a maioría non temos exactamente claro que raios é un tesauro. Menos mal que o amigo Lluís Codina está para botar unha man. O malo é que unha vez que te queres enterar ben, decátaste de que tes mooooooito que aprender. Porque claro, o tesauro lévate á ontoloxía, a ontoloxía á semántica documental, a semántica documental a..... ao infinito, porque o mundo do coñecemento todos sabemos que é infinito. Hai que ir aos poucos.
Seica hai alguén a quen non lle vai satisfacer que dea paso a Lluís Codina cun simple enlace. Vai a referencia completa, primeiro bibliográfica:
Codina, Lluís; Pedraza-Jiménez, Rafael. “Tesauros y ontologías en sistemas de información documental”. El profesional de la información, 2011, setembro-outubro, v. 20, n. 5, pp. 555-563.
E tamén da fonte dixital:
Codina, Lluís; Pedraza-Jiménez, Rafael. “Tesauros y ontologías en sistemas de información documental” [en liña]. El profesional de la información, setembro-outubro 2011, v. 20, n. 5, <http://www.lluiscodina.com/ontologiaTesauros_2011.pdf>. [consulta: 5 de decembro de 2012].
A para rematar, un exemplo de tesauro. Ten, entre outras moitas cousas, terminoloxía relacionada co xornalismo. Onde? É o reto que lle deixo a quen entre a este blog e chegue a ler isto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentar es gratis: